A marca Pino de Galicia
A Marca de Garantía PINO DE GALICIA creouse pola necesidade de diferenciar a calidade da madeira de piñeiro producida nos montes de Galicia do resto da oferta de madeira de piñeiro existente no mercado.
O obxectivo é que o mercado identifique os produtos da Marca de Garantía PINO DE GALICIA e que os asocie cunha calidade obxectiva.
Os produtos marcados son sometidos a rigorosos controis durante as fases de aproveitamento e transformación, co obxectivo de transmitirlle aos consumidores finais unha imaxe e unha garantía de calidade dos devanditos produtos.
PINO DE GALICIA é unha marca rexistrada da Fundación Arume. O seu uso está permitido ás persoas físicas ou xurídicas (ou entidades sen personalidade xurídica) que fosen cualificadas para o seu uso e que comprometan o cumprimento do regulamento da marca. Ese cumprimento auditarase periodicamente en cada caso por parte das correspondentes empresas certificadoras.
Os produtos da nosa marca son sometidos a rigorosos controis durante as fases de aproveitamento e transformación para ofrecerlle tanto ao profesional como ao consumidor as máximas garantías de orixe e calidade.
A marca sostense sobre tres eixes básicos:
- Orixe e trazabilidade da madeira, factor crave de diferenciación.
- Sostibilidade do monte, apoiada nos selos de certificación FSC e PEFC.
- Clasificacións de calidade, que poñen en valor o traballo de silvicultores e industrias.
Beneficios
Para profesionais
- Garantía de calidade baseada en criterios obxectivos, medibles e auditados.
- Produtos seleccionados que cumpren as expectativas para os usos ós que van destinados: estruturais, estéticos e funcionais.
- Asesoramento e formación na aplicación da madeira.
- Documentación técnica e recursos para o desenvolvemento de proxectos.
Para o consumidor final
- Garantía de calidade.
- Trazabilidade desde a orixe.
- Material sostible e renovable, que contribúe á mitigación do cambio climático.
- Apoio ó desenvolvemento rural.
- Xestión responsable dos bosques.