Pino
de Galicia

Produtos

Os produtos amparados pola Marca de Garantía PINO DE GALICIA son materia prima (madeira en rollo), produtos serrados de primeira transformación e produtos serrados de segunda transformación.

Materia prima (madeira en rollo)

A materia prima (madeira en rollo) á que se refire o uso da Marca de Garantía PINO DE GALICIA deberá reunir as seguintes condicións:

  • Tratarse de fustes das especies: 'Pinus pinaster', 'Pinus radiata' e 'Pinus sylvestris', producidos en montes de Galicia.
  • Proceder dun monte con certificado de Xestión Forestal Sustentable (FSC e/ou PEFC).
  • Deberá ser calificada de conformidade ao establecido no Regulamento da marca e clasificada nalgunha das categorías establecidas no Artigo 8º do Regulamento, cumprindo cos criterios de calidade alí expostos.
  • O seu aproveitamento debe ser realizado por un rematante cualificado.

Produtos aserrados de primeira e segunda transformación

Os produtos serrados de 1ª e 2ª transformación amparados pola Marca de Garantía PINO DE GALICIA deberán reunir as seguintes condicións:

  • A materia prima (madeira en rollo) debe estar calificada e posuír a Marca de Garantía PINO DE GALICIA.
  • A industria transformadora debe estar calificada de acordo co Regulamento da marca e inscrita no Rexistro da marca de Garantía PINO DE GALICIA.
  • Os produtos terminados de madeira aserrada de 1ª e 2ª transformación deberán estar clasificados nalgunha das categorías establecidas no Artigo 8º e cumprir cos criterios de calidade alí expostos.
  • Garantir a trazabilidade do produto desde o monte a través dun certificado de cadea de custodia (FSC e/ou PEFC).

Clasificación e criterios de calidade

Materia prima (madeira en rollo)

A materia prima (madeira en rollo) amparada pola Marca de Garantía PINO DE GALICIA será clasificada polas industrias de 1ª transformación consumidoras de acordo coas seguintes categorías:

  • Rolla: madeira de piñeiro con Ø ≥ 15 cm (en punta delgada sen cortiza). Sen grandes defectos (nós, bolsas de resina, etc.), sen síntomas de azulado, sen pudricións nin corazón podrecido. Nas cabezas o corte debe estar ben redondeado e con cortes non sesgados.
  • Rolla 'primeira': madeira de piñeiro con Ø ≥ 25 cm (en punta delgada sen cortiza). Admitirase a presenza dun máximo de 2 coroas de nós cun diámetro dos mesmos menor a 5 cm, sen bolsas de resina, sen síntomas de azulado, sen pudricións nin corazón picado. Nas cabezas o corte debe estar ben redondeado e con cortes non sesgados.
  • Rolla 'selecta': madeira de piñeiro con Ø ≥ 40 cm (en punta delgada sen cortiza). Sen nós, sen bolsas de resina, sen síntomas de azulado, sen pudricións nin corazón picado, corazón pequeno (máx.1/3 do diámetro total da peza) e centrado (descentrado ≤ 2cm). Peza recta sen curvaturas (≤ 1,5%), conicidade mínima (≤ 1,5%) e fibra recta. Nas cabezas o corte debe estar ben redondeado e con cortes non nesgados (os cortes serán perpendiculares á lonxitude da troza).

Produtos aserrados de primeira transformación

Os produtos aserrados de 1ª transformación amparados pola Marca de Garantía PINO DE GALICIA deberán clasificarse en calidades en polo menos unha das seguintes categorías:

Clasificación por aspecto

  • Primeira (limpa): Catro caras totalmente limpas sen ningún defecto (nós, bolsas de resina, entrecasco, etc.). Non se admite medula visible. Admítense xemas ≤ 3 mm de ancho cara e ≤ 3 mm de espesor canto. Admítese curvatura de cara ≤10 mm /2m, curvatura de canto ≤4 mm/2m, alabeo ' 8% do ancho 2m, abarquiñado ≤ 3% do ancho. Fibra recta. Non se admiten pudricións nin ataques de insectos, nin azulado.
  • Segunda (semi-limpa): Unha cara e dous cantos totalmente limpos, nunha cara poden ter até 2 nós de pequeno tamaño ≤ 25 mm. e non se admite ningún outro defecto (nós, bolsas de resina, entrecasco, etc.). Non se admite medula visible. Admítense xemas ≤ 3 mm de ancho cara e ≤ 3 mm de espesor canto. Admítese curvatura de cara ≤ 10 mm /2m, curvatura de canto ≤4 mm /2m, alabeo ≤ 8 % do ancho/2m, abarquillado ≤3 % do ancho. Fibra recta. Non se admiten pudricións nin ataques de insectos, nin azulado.
  • Terceira: En todas as caras admítense nós sans ≤ 10% ancho cara + 35 mm por cara e até 100% espesor por canto, sen limitación en número. Non se admiten nós saltadizos ou podrecidos. Admítese medula visible limitada a unha soa cara (≤ metade lonxitude da peza). Non se admite ningún outro defecto (bolsas de resina, entrecascos, etc.) Admítense xemas ≤ 5 mm de ancho cara e ≤ 5 mm de espesor canto. Admítense fendas de secado ≤ 20 cm. Admítese curvatura de cara ≤ 15 mm/2m, curvatura de canto ≤ 4 mm/2m, alabeo ≤ 8% do ancho/2m, abarquillado ≤ 3% do ancho. Admítese desviación de fibra. Non se admiten pudricións nin ataques de insectos, nin azulado. Non se admite ningún outro defecto (bolsas de resina, entrecascos, etc.).
  • Cuarta: En todas as caras admítense nós sans, sen limitación en tamaño e número. Non se admiten nós saltadizos ou podrecidos. Admítense até 4 bolsas de resina sobre o peor metro na cara exterior de clasificación coa suma de lonxitude total das bolsas ≤ 300 mm. Admítese médula visible. Admítense xemas ≤ 8 mm de ancho cara e ≤ 8 mm de espesor canto. Admítense fendas de secado superficiais que non afecten á estabilidade estrutural da táboa, sempre que a suma da lonxitude das fendas ≤ 1/3 da lonxitude da peza. Admítese curvatura de cara ≤ 50 mm/2m, curvatura de canto ≤ 10 mm/2m, alabeo ≤ 10% do ancho/2m, abarquillado ≤ 5% do ancho. Admítese desviación de fibra. Non se admiten pudricións nin ataques de insectos, nin azulado.
  • Quinta: En todas as caras admítense defectos (nós, bolsas de resina, entrecasco, médula visible, fendas, desviación de fibra, xemas, curvaturas, etc.), sen limitación en tamaño e número sempre que non comprometan a integridade da peza. Non se admiten pudricións nin ataques de insectos. Admítese azulado.

Clasificación para uso estrutural

A clasificación estrutural pódese realizar mediante clasificación visual ou mediante clasificación mecánica.

  • A clasificación visual realizarase seguindo a norma UNE 56544: 2011 'Clasificación visual da madeira aserrada para uso estrutural. Madeira de coníferas'. Esta norma establece dúas calidades para as pezas con grosor menor ou igual a 70 mm, denominadas ME-1 e ME-2. Para as pezas con espesor maior de 70 mm, a norma establece unha única calidade visual MEG.
  • A Clasificación por máquina realizarase conforme as partes 2 e 3 da norma UNE-EN 14081 correspondentes con UNE-EN 14081-2:2019 'Estruturas de madeira. Madeira estrutural con sección transversal rectangular clasificada pola súa resistencia. Parte 2: Clasificación mecánica. Requisitos complementarios para os ensaios de tipo' e UNE-EN 14081-3:2012 'Estruturas de madeira. Madeira estrutural con sección transversal rectangular clasificada pola súa resistencia. Parte 3: Clasificación mecánica. Requisitos complementarios para o control de produción en fábrica'.

Para máis información sobre a clasificación de madeira estrutural e sobre a información que se debe incluír na súa etiquetaxe, pode consultarse a correspondente sección do Regulamento da marca.

 

Os produtos ou paquetes de produtos aserrados non estruturais que vaian ser comercializados baixo a marca PINO DE GALICIA sinalizaranse cunha etiqueta colocada sobre o produto de forma individual ou na embalaxe do paquete, na que figure de forma clara e indeleble:

  • Especie de madeira (opcional).
  • Calidade asignada segundo a clasificación por aspecto indicada neste regulamento.
  • Nº de unidades e dimensións.
  • Orde de fabricación e/ou data de fabricación.
  • Nome do fabricante e Nº de Certificado da Marca de Garantía 'PINO DE GALICIA'.
  • Logotipo da Marca de Garantía 'PINO DE GALICIA', segundo as especificacións do Anexo II.
  • Certificado de Cadea de Custodia FSC e/ou PEFC.

Produtos aserrados de segunda transformación

Os produtos serrados de segunda transformación amparados pola Marca de Garantía PINO DE GALICIA deberán clasificarse segundo as calidades especificadas nas distintas normativas de clasificación de cada produto (se a hai), ou na súa falta, segundo clasificación asignada polo fabricante.

Os produtos ou paquetes de produtos aserrados de segunda transformación que vaian ser comercializados baixo a Marca PINO DE GALICIA marcaranse cunha etiqueta colocada sobre o produto de forma individual ou na embalaxe do paquete, na que figure de forma clara e indeleble a seguinte información:

  1. Especie de madeira (opcional).
  2. Calidade segundo normativa (se a hai) ou clasificación interna asignada.
  3. Nº de unidades e dimensións.
  4. Orde de fabricación e/ou data de fabricación.
  5. Nome do fabricante e Nº de certificado da Marca de Garantía 'PINO DE GALICIA'.
  6. Logotipo da Marca de Garantía 'PINO DE GALICIA', segundo as especificacións do Anexo II.
  7. Certificado de Cadea de Custodia FSC e/ou PEFC.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.