Proceso de adhesión
Podrá solicitar a cualificación e uso da Marca de Garantía PINO DE GALICIA calquera persoa física ou xurídica, ou entidade sen persoalidade xurídica, que cumpra as condicións prescritas no regulamento de uso da marca.
A Fundación Arume, propietaria de marca PINO DE GALICIA, creou un Rexistro da marca de garantía no que figuran todas as empresas e entidades adherentes.
- Categorías
Ese Rexistro contempla a inscrición do adherente nalgunha/s das seguintes categorías:
- Rematantes e/ou outros axentes que actúen como rematantes calificados.
- Serradoiros e industrias de primeira transformación calificadas.
- Industrias de segunda transformación calificadas.
- Almacenistas calificados.
- Grupos de empresas calificadas.
- Requisitos
Para que unha empresa ou entidade sexa calificada no uso de marca Pino de Galicia, terá que cumprir cunha serie de requisitos comúns, entre eles os seguintes:
- Dispor dun certificado en vigor de cadea de custodia de produtos forestais (PEFC e/ou FSC).
- Subscribir un compromiso explícito de aceptación das normas deste Regulamento que lle sexan de aplicación e compromiso do seu cumprimento.
- Ter a sede social na comunidade autónoma de Galicia. Permitirase, xustificadamente, a explotación e venda de madeira en rolo en territorio galego por rematantes e/ou outros axentes que actúen como rematantes de fóra de Galicia, previa autorización, cualificación e rexistro.
- Cumprir en todo momento cos requisitos de trazabilidade da materia prima e da madeira amparada por marca PINO DE GALICIA.
A maiores, PINO DE GALICIA definiu unha serie de compromisos específicos para cada unha das categorías de adherentes da marca.
- Auditorías
O cumprimiento dos requisitos esixidos polo regulamento de marca PINO DE GALICIA verificarase nunha auditoría inicial que realizará unha entidade de certificación independente.
A auditoría inicial incluirá unha visita dos auditores da entidade de certificación para avaliar este cumprimento. Como parte do proceso de auditoría, a entidade de certificación pode identificar aspectos que non cumpran cos requisitos do Regulamento. Antes de conceder a cualificación, a entidade de certificación pediralle ás empresas que os resolvan nun prazo determinado.
O Comité de Dirección da marca de garantía poderá designar a un ou varios dos seus membros para acompañar aos auditores durante a auditoría inicial, aos únicos efectos de velar pola correcta revisión dos requisitos recollidos no Regulamento, así como aos efectos de acreditar á Entidade de Certificación ou aos Auditores.
Esa auditoría inicial seguirase de auditorías anuais de seguemento. Ao cinco anos, será preciso superar unha auditoría de renovación da certificación.
Solicitude
As empresas e entidades interesadas en adherirse teñen que dirixir a correspondente solicitude á dirección de correo eléctronico de PINO DE GALICIA (arume@fundacionarume.gal).