Pino
de Galicia

‘Piñeiros 24’ presenta un programa que pon o foco na descarbonización da construción, na innovación e en experiencias de xestión de montes

O evento, que lle dá este ano protagonismo á cadea forestal – madeira de Francia, contará co arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, Dominique Perrault

Imaxe de arquivo de 'Piñeiros 23'
Imaxe de arquivo de 'Piñeiros 23'

A Fundación Arume presenta o programa de Piñeiros 24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia, a cuarta edición do encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá o martes 29 de outubro na Cidade da Cultura (Edificio Fontán).

Este ano, Piñeiros 24 contará cunha conferencia principal, a cargo do arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, Dominique Perrault; e con tres mesas redondas que abordarán cuestións claves na cadea forestal – madeira, como son o papel da madeira na descarbonización e industrialización da construción, experiencias na xestión de montes e, en terceiro lugar, innovacións en usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.

Este ano, Francia será o país coprotagonista de Piñeiros 24, igual que en anos anteriores se lle prestara unha adicación similar a Portugal (Piñeiros 23) ou a Euskadi (Piñeiros 22).

Francia, en especial a rexión de Nova Aquitania, é un dos referentes europeos no manexo do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), tanto a nivel forestal como industrial. En Piñeiros 24 contarase coa presenza de Xylofutur, o clúster de innovación do sector forestal – madeira do país veciño, e cunha serie de ponentes que explicarán a realidade da cadea monte – industria de coníferas en Francia.

A conferencia principal correrá ademais a cargo de Dominique Perrault, o arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, que en parte ergueuse sobre estruturas híbridas de madeira, formigón e aceiro.No proxecto, empregouse o CLT (madeira contralaminada) en partes estruturais dos edificios, xunto con madeira laminada e con entramados de madeira nas fachadas.

PROGRAMA

08:45 Recepción e acreditación de asistentes.

09:30 Apertura.

  • José Carballo, presidente da Fundación Arume.
  • Frédéric Carteret, presidente de Xylofutur.
  • Representante institucional da Xunta de Galicia.

10:00 Conferencia: O gran París en movemento.

Dominique Perrault, arquitecto e urbanista.

10:30 A madeira na descarbonización e industrialización da construción.

Modera: Teresa Táboas, vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura.

  • María Aramendia, arquitecta e directora de desenvolvemento no Estudio LA/BA (Paris).
  • Daniel Hermosilla, CEO en Grupo Rodiñas Pretensados.
  • José Antonio de Pedro, director de desenvolvemento en Distrito Natural.
  • Jacques Bouillot, director de solucións baixas en carbono no Grupo Eiffage Construcción.

12:00 Pausa café.

12:30 A xestión de montes: experiencias e perspectivas.

Modera: Asun Cámara, coordinadora de Juntos por los Bosques.

  • Bruno Lafon, propietario forestal e presidente do Syndicat des sylviculteurs du Sud-Ouest, Nouvelle Aquitanie.
  • Jesús Ferreño Naveira, presidente da Comunidade de Montes de Castelo, Culleredo.
  • Erundina Louro, presidenta da Comunidade de Montes de Antas, A Lama.
  • Pilar Pérez Batallón, propietaria forestal e socia de Fincas Carballido S.L., Lugo.
  • Francisco Dosil, presidente da Sociedade de montes sostibles de Cúns, Outes.

14:00 Pausa para refrixerio.

15:30 Innovando co piñeiro.

Modera: Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Campus Pontevedra, UVigo.

  • FORESA Technologies. Luis Alberto Otero, responsable de innovación.
  • Société DRT (Grupo dsm-firmenich). Emmanuel Cazeils, responsable de innovación e desenvolvemento de negocio.
  • Hifas Foresta. Enrique Fandiño, Plant Manager.

17:00 Peche. Representante institucional da Xunta de Galicia.

'Piñeiros24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia' conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera). 

Programa completo

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.